O Proxecto Biocoidados

O Proxecto «Biocuidados» presentouse por parte dos Centros de Desenvolvemento Rural que conforman a Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural COCEDER no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais e financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU. A temporalidade do programa abrangue os anos 2022, 2023 e 2024 e estructurouse por medio de catro fases:

  • Diseño de Metodología
  • Implementación
  • Evaluación
  • Elaboración de propuestas de cambio

A metodoloxía do programa impúlsase dende a atención integral centrada na persoa que funde as súas raíces nas correntes humanistas e na psicoloxía centrada na persoa. Así mesmo, posúe un marcado carácter etnográfico que procura atender a importancia capital da comunidade para todo o desenvolvemento do Programa.

O custo total do Proxecto orzamentouse e 14.213.430,89 €. No caso do noso CDR O Viso o orzamento total conta con 1.349.564,92 € para o longo dos 3 anos.

Trátase dun proxecto que demanda a coordinación con diferentes entidades oficiáis e asociacionistas a nivel local, autonómico e xeral. Tamén unha análise dos servizos presentes no contexto e unha interacción continuada das entidades que xa prestan algúns servizos as persoas beneficiarias deste programa.

O Proxecto Biocuidados nace para concebir «novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas ruráis.»